sábado, agosto 18, 2007

O concerto de A Roda en Betanzos

Hola, de novo queridos e queridas blogtemporáneas/os.
Xa estamos de novo diante do ordenata para continua-la tarefa de construirmos un espacio para falar da historia contemporánea.

Pero de inicio quero decir algo sobre un dos concertos das festas de Betanzos. Onte 17, á noite, cantaron na praza, diante de San Domingos os do grupo "A Roda". Conste que a min sempre me gustou ese tipo de música. Popular porque é da xente común, da que se canta nos viños do país, nos caneiros, entre amigos... Con toques de calidade na percusión, algún desafine nas voces, en conxunto ben. A capacidade de conectar co público tamén máis que aceptable. Pero........
Para min hai un pero. Entre canción e canción unhas charletas, a modo de sermón, glosa ou ( simplemente) rollete. Neles tratabase de comentar as cancións pero, a miudo caendo en comentarios ridículos. Alabando o chauvinismo francés e sobrepasandoo cun chauvinismo á galega que é como coller o peor deste pais.
Parece ser que se trataba de deixar claro que "Ghalicia" era o mellor do mundo mundial ( son dos que pensa que as cousas boas non precisan operacións de marketing ou propaganda, prestíxianse por sí soas) e isto, que pode ser lexítimo, fíxose caendo no absurdo. Ó pouco de chegar descubrín que os galos cando entran no galiñeiro...galiña que pillan...... e isto é o que fai o auténtico "galo galego" (como se o resto dos galos do mundo non fixeran o mesmo, como se a marca de nacionalidade se aplicara mesmo ó xénero animal).
Resulta que Betanzos está más cerca en kilometros de Lisboa que de Madrid (perogrullada se chama a isto) e por tanto estamos máis perto de Portugal ¡en todolos sentidos!. ( supoño que se refirirá á cultura, formas de ve-la vida...) ó mellor habería que preguntar á xente que lle parece máis perto e que sinte como alleo. A beira mexicana do Rio Grande, por exemplo, ¿está máis perto de España ou de Estados Unidos?
Tamén aprendín que se Elvis levantara a cabeza renunciaría ó trono de rey do rock&roll polo de rey da pandeirada galega (meu Deus, como nos gusta mirar para o embigo como se fora o centro do universo mundo).
E xa para rematar anúnciase coma un himno "extraoficial" das festas galegas o que dí no estribillo, "Eu traio unha borracheira de viño, que auga no bebo...." e á hora de da-lo tradicional "¡Hei!" ó "conductor" da festa rodeira dalle por decir que foi moi floxo como o que dan en "Maiami" ( referencia evidente a Julio Iglesias) e que ise non é o "¡Hei! galego". En fin que non só no xénero animal senón nas interxeccións cabe a distinción nacional.
Como ben sabedes eu non son galego. Non podo renunciar ó que son da mesma maneira que os galegos non deben renunciar ó que son. Pero se ser galego resúmese nisto non paga a pena. Prefiro apaga-la música de "A Roda" e prender outra canción. O de menos que sexa en inglés, o de máis o que dí: "Imagine there´s no country".

No hay comentarios: