jueves, septiembre 20, 2007

21 de setembro. DÍA INTERNACIONAL DA ENFERMIDADE DO ALZHEIMER. Ou vindicación da Historia.


Mañá 21 empezan xa as clases deste curso 2007-2008. Para a maioría de "blogtemporaneos" será o último ( esperemos :) ). E resulta que dun xeito moi significativo comeza este día en que se conmemora o día do Alzheimer.
Vos preguntaredes se vou con mala idea nesta referencia, e non.
Non sei se coñecedes algúnha persoa afectada por ista enfermidade. Eu coñecín unha moi cercana da miña familia.

A evolución da enfermidade de Alzeheimer semellabame a min como un proceso plo que a persoa vai sufrindo unha destrucción progresiva de tódolos aprendizaxes que fixo ó longo da vida. Dende aprendizaxes sociais, ata psicolóxicos ou mesmo físicos. Un enfermo de Alzheimer chega a esquecer como subir escaleras, como controla-lo pis, os nomes da xente máis querida...
Se cando miramos a un neno pequeno vemos nos seus acenos e palabras todo un horizonte de aprendizaxes, e alegrámonos con cada un deles, o enfermo de Alzheimer é como se desaprendese todo o que foi aprendendo dende neno: controla-lo seu corpo, relacionarse cos demáis, desaprende esa maravilla tan humana que é a linguaxe...
A situación é moi dura persoalmente ( algúns, nas primeiras fases, son conscientes deste proceso) e para a familia. E estaredes preguntándovos que me leva a traer estas reflexións e vivencias personais a unha páxina de blogtemporanea.
Pois ben, para min o Alzheimer explica con moita dor a IMPORTANCIA DA HISTORIA NAS NOSAS VIDAS. Somos persoas, altos ou baixos, flacos ou gordos, do Barça ou do Logroñés... pero todos nos somos o resultado das nosas historias personais e das historias familiares e sociais que nos foron formando como as persoas que somos.
Para min ( ben sei que isto é interesado porque son profe disto) o estudo da historia é algo fundamental para as sociedades porque danos as claves pàra entendermos. Podemos criticar esa historia, reconducila... pero é a nosa.
Unha sociedade que perde súa historia entra nun proceso de deterioro que ( a min) lémbrame ó dos enfermos de Alzheimer. Non debemos permitir isto.
Mañá, nas clases, máis.
Unha aperta a todos/as

No hay comentarios: