lunes, febrero 05, 2007

TOU' CONTENTO.

Estou contento, pero non é porque me tocara a lotería ou a quiniela ( non xogo a esas cousas), nin é porque en poucos días estarei en Budapest con alguns de vos, nin porque podo baixar andando ó traballo mentres escoito a Jorge Drexler, Manolo García, Sabina ou Gershwin. Estou contento por vos, polo curso de primeiro que me tocou este ano. Aínda que a algúns o curso estalles resultando duro o certo e que estades a respostar moi ben en conxunto.

E a que ven este rollo agora? Diredes. Non podía ser menos. Esta mañá algúnhas e algúns de vos me entregastes os traballos de empatía sobre o movemento obreiro. Verdadeiramente o nivel de calidade é moi alto se os valoramos en función de aplicación dos conceptos explicados e da calidade literaria ( eu non son profe de literatura, pero creo que alguns escribides moi ben e iso non o deberíades deixar pasar)
A ver se os podemos colgar que estou a aprender un tipo de edición de libros virtuais que poderían ser un soporte perfecto para isto (xa veremos como arreglar o tema de mecanografiar os traballos)

NORABOA. Teño sorte de tervos como alumnos/as

No hay comentarios: